Rexenerado de frondosas autóctonas de castiñeiro e carballo

NaturAmes de Novembro de 2024 e plantacións para madeira de Calidade

O 15 de novembro de 2024 emitiuse a segunda entrega do programa NaturAmes en Ames Radio. Nesta ocasión colaboramos novamente con Ángeles Montecelo na preparación do programa e na entrevista a Esther Merlo. Esther é Doutora Enxeñeira de Montes, experta en calidade da madeira, ademáis é vogal da Sociedade Española de Ciencias Forestais e colabora en multitude de iniciativas e proxectos sobre estes temas coa empresa que dirixe Madera Plus Calidad Forestal, S.L.

Na entrevista fálase de Galicia, e dos desafíos e oportunidades que enfrontan os propietarios e xestores forestais. Esther destaca a necesidade de que sexan profesionais con titulación académica forestal os que axuden e asesoren na xestión dos montes. Falouse das novas tendencias en Europa e España que fomentan as plantacións mixtas de varias especies, mellor ca unha sóa e da mesma idade, xa que  teñen unha maior resiliencia ás pragas e enfermidades, melloran a biodiversidade e poden producir madeira de maior calidade, se se xestionan  para usos finais específicos, como madeira para construcción ou mobles.

Comentouse que aínda na pequena propiedade forestal, pode compensar usar material xenético resultado de investigación aplicada coma no caso do chopo e do piñeiro galego (Pinus pinaster). Estánse a empregar novos marcos de plantación con árbores con módulos de elasticidade e densidade básica que permiten unha mellor venda e a utilización da madeira na construción o noutros usos de valor engadido.

Fálase de como as áreas forestais capturan dióxido de carbono da atmosfera na madeira e que no proxecto BiomáisCO2 preténdese que non só as novas plantacións, como sucede agora no rexistro de proxectos de adsorción de carbono do ministerio, senón áreas forestais existentes poidan xerar beneficios aos propietarios forestais.

Despois da entrevista na sección de “Sabías que” informouse que na catástrofe da DINA de Valencia (DANA en español) acadáronse en Turís unhas precicipitacións máximas en l/m2 de: 771 en 14 horas, 184 nunha hora, e 42 l/m2 en 10 minutos. Segundo os científicos estes valores foron incrementados polo cambio climático causado pola nosa sociedade. Por cada grao de aumento da temperatura o aire conten un 7% máis de auga e as choivas son máis torrenciais.

As máis de 200 persoas falecidas e desparecidas na DINA de Valencia poderían terse evitado ou reducido de facer caso dos mapas de riscos por inundación e avenidas, na construción e urbanización, e de ter mellorado os sistemas de alerta, a xestión da emerxencia. Se os proxectos previstos hai decadas de obras de construción e de restauración hidrolóxica se houbesen executado os danos serían menores.

Para ampliar esta información compartimos algúns enlaces:

La elasticidad de la madera

ClimaMeter – 2024/10/29 South-East Spain Floods

https://www.uv.es/instituto-interuniversitario-desarollo-local/es/novedades/manifiesto-interprofesional-inundaciones-acaecidas-pasado-29-octubre-2024-espana-1286028598267/Novetat.html?id=1286407862605 

https://elpais.com/clima-y-medio-ambiente/2024-11-27/como-espana-aprendio-a-prevenir-inundaciones-y-luego-lo-olvido.html 

¿Cómo reconstruir el desastre? Guía de buenas prácticas para València  – Climática, el medio especializado en clima y biodiversidad

Lecciones de Japón para gestionar el desastre en València

 

 

Scroll ao inicio