POLÍTICA DE PRIVACIDADE

 

1. DATOS DE IDENTIFICACIÓN: En cumprimento do deber de información contido no artigo 10 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico, reflíctense a continuación os seguintes datos: a empresa titular de www.amonte.gal é AMONTE BIOECONOMIA SL, con NIF B 27.696.574, inscrita no Rexistro Mercantil de Santiago de Compostela (S8, H SC-54534, inscrición 1ª), e domicilio fiscal en Lugar Escravitude s/n, CTO INIC. EMPRESA MANS, 15.980, Padrón (A Coruña), con correo electrónico de contacto: amonte@amonte.gal

 

2. USUARIOS: O acceso e/ou uso deste portal de AMONTE BIOECONOMIA SL atribúelle a condición de USUARIO, quen acepta, desde dito acceso e/ou uso, as Condicións Xerais de Uso aquí reflectidas. As condicións mencionadas aplicaranse independentemente das Condicións Xerais de Contratación que, no seu caso, resulten de cumprimento obrigatorio.

 

3. PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS

 

Responsable: AMONTE BIOECONOMIA SL.

Finalidade: xestión de solicitudes.

Lexitimación: execución dun contrato / prestación de servizos.

Destinatarios: non se transfiren datos a terceiros.

Dereitos: poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación, oposición e portabilidade dos datos facilitados, tal e como se indica na información adicional que figura a continuación.

 

4. INFORMACIÓN DETALLADA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS

 

Quen é o responsable do tratamento dos seus datos?
Identidade: AMONTE BIOECONOMIA SL.
Domicilio social: Lugar Escravitude s/n, CTO INIC. EMPRESA MANS, 15.980, Padrón (A Coruña).
Teléfono: 628 714 466.
Correo electrónico: amonte@amonte.gal

 

Con que finalidade tratamos os seus datos persoais? En AMONTE BIOECONOMIA SL tratamos a información facilitada polas persoas interesadas co fin de xestionar e tramitar os servizos solicitados. Non se realizará ningún tratamento automatizado de datos para a creación de perfís.

 

Durante canto tempo conservaremos os seus datos? Os datos persoais facilitados pola persoa usuaria conservaranse mentres a persoa interesada non solicite a súa supresión.

 

Cal é a lexitimación para o tratamento dos seus datos? A base legal para o tratamento dos seus datos é a execución da súa solicitude, o desenvolvemento e execución das relacións contractuais e precontractuais establecidas con vostede, así como o cumprimento das obrigas legais que lle corresponden a AMONTE BIOECONOMIA SL.

 

A que destinatarios se comunicarán os seus datos? AMONTE BIOECONOMIA SL non transfire datos a terceiros, salvo ás Administracións Públicas ás que está obrigada por lei.

 

Cales son os seus dereitos? A persoa usuaria poderá exercer en todo momento os dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación, oposición e portabilidade dos datos facilitados, de conformidade co disposto no Regulamento Xeral (UE) 2016/679 de Protección de Datos e na Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais, mediante o envío dunha carta na que especifique o dereito que desexa exercer, achegando unha copia dun documento oficial que a identifique, dirixida ao enderezo indicado anteriormente ou ao correo electrónico amonte@amonte.gal

Así mesmo, a persoa interesada pode presentar unha reclamación ante a Autoridade de Control (Axencia Española de Protección de Datos).

 

En cumprimento do disposto no Regulamento Xeral (UE) 2016/679 de Protección de Datos e na Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais, informamos a persoa usuaria de que os datos persoais facilitados voluntariamente, por calquera dos nosos medios de recollida de información, incorporaranse ao tratamento automatizado de datos persoais titularidade de AMONTE BIOECONOMIA SL, coa finalidade de poder prestar os nosos servizos, así como manterlle informada sobre cuestións relacionadas coa actividade da empresa e os seus servizos. Os campos marcados con “*” son obrigatorios, polo que a súa omisión impedirá ao USUARIO gozar dalgúns dos servizos e información ofrecidos na Web. Os datos contidos neles serán tratados de forma confidencial.

 

AMONTE BIOECONOMIA SL cumpre integramente coa lexislación vixente en materia de protección de datos persoais e cos compromisos de confidencialidade específicos da súa actividade.

 

AMONTE BIOECONOMIA SL adoptou as medidas técnicas necesarias para manter o nivel de seguridade requirido, de acordo coa natureza dos datos persoais tratados e as circunstancias do tratamento, co fin de evitar, na medida do posible e sempre conforme ao estado da técnica, a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado. Para levar a cabo a xestión mencionada, pode ser necesario transferir os datos a encargados do tratamento, empresas colaboradoras e administracións públicas (que poden verificar a veracidade dos datos).

 

No caso de que o USUARIO facilite datos persoais que se refiran a persoas físicas distintas del, deberá informalas, con anterioridade á súa inclusión, do contido desta cláusula, de conformidade co establecido no Regulamento Xeral (UE) 2016/679 de Protección de Datos e na Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais.

 

AMONTE BIOECONOMIA SL, como responsable do tratamento dos seus datos, garante o exercicio dos dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación, oposición e portabilidade dos datos facilitados, de conformidade co disposto no Regulamento Xeral (UE) 2016/679 de Protección de Datos e na Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais. O USUARIO poderá exercer estes dereitos en calquera momento, mediante comunicación escrita dirixida ao domicilio social, achegando copia do DNI ou Pasaporte.

 

AMONTE BIOECONOMIA SL garante que todas as comunicacións comerciais que envía aos seus clientes cumpren coa normativa vixente.

 

Por tanto, en cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico, e da Lei 11/2022, do 28 de xuño, Xeral de Telecomunicacións, infórmase o USUARIO de que AMONTE BIOECONOMIA SL poderá enviarlle información por medios electrónicos sobre produtos e servizos do seu interese, sempre que outorgue o seu consentimento.

 

Pode revogar esta autorización en calquera momento enviando un correo electrónico ao enderezo amonte@amonte.gal

Scroll ao inicio