Piñeiros queimados

Incendios forestais, cambio climático e persoas

Este outono comezamos unha colaboración en AmesRadio no programa NaturAmes para facer divulgación ambiental de temas forestais.

O primeiro programa dunha serie de doce, tratou sobre os incendios forestais e o cambio climático. Tamén falamos sobre os riscos reais que debemos coñecer as persoas que vivimos no rural ou en zonas de interface rural e urbano.

Coa colaboración de Angeles Montecelo entrevistamos a:

  • Juan Picos, docente e investigador na Universidade de Vigo e unha voz de ampla perspectiva e recoñecemento no sector forestal
  • e con Javier Antelo, concelleiro de Ames das áreas de medio ambiente; plan de prevención de incendios, patrimonio e transparencia, entre outras.

En 30 minutos falamos sobre o lume nos montes e no medio rural. E como co cambio climático estanse a converter nun drama con perda de vidas e cuantiosos danos materiais en moitos países. Tratamos o caso de Galicia e como aquí é un dos maiores riscos de accidente e danos aos que estamos expostos. Juan comentou como as faixas de prevención de incendios forestais en torno as estradas e as  vivendas son aspectos básicos pero que poden ser insuficientes ante incendios forestais de copas de árbores que emiten faíscas (materiais vexetais como piñas, follas ou ramas en combustión que provocan novos incendios)

Javier explicou algunhas das cousas que fan no Concello de Ames en cumprimento coa lexislación e como son procesos administrativos complexos pola cantidade de propietarios, de parcelas, polas imprecisións do catastro e polo descoñecemento dos límites das fincas.

Para aquelas persoas interesadas en ser conscientes de como ás aldeas e as vivendas están en riscos maiores dos que pensamos, compartimos o audio do programa:

Naturames 18/10/2024

Acompañamos algunhas novas con información tratada no programa:

https://www.nationalgeographic.com.es/medio-ambiente/incendios-canada-humo-nueva-york_20106 
https://www.nationalgeographic.com.es/medio-ambiente/humo-incendios-canada-llega-a-espana_23055
https://www.rtve.es/noticias/20240921/humo-incendios-portugal-asesino-invisible-norte-espana/16256380.shtml

Scroll ao inicio