é teu socio para proxectos de xestión agroforestal e bioeconomía
é teu socio para proxectos de xestión
agroforestal e bioeconomía
Explora os nosos servizos personalizados
En AMONTE, aportamos servizos integrais de consultoría e enxeñería para axudarte a xestionar as túas propiedades agroforestais de xeito legal, sostible e rendible.
Especializámonos en proxectos de enxeñería agroforestal, certificación FSC e PEFC, asistencia técnica para produtos forestais, cumprimento legal europeo, estudos ambientais, levantamentos topográficos, paisaxismo, restauración ambiental e formación a medida en silvicultura e xestión forestal. Garantimos resultados positivos en auditorías externas e colaboramos con profesionais recoñecidos en cumprimento legal ambiental.
Proxectos de enxeñería agroforestal
Como elaboración de instrumentos de ordenación e xestión forestal, inventaro forestal e ambiental con sistemas LiDAR, Drons e sensores remotos, estudos, memorias técnicas e proxectos técnicos de silvicultura, implantación de pastizais, naves, instalacións, etc).
Certificación FSC e PEFC
Xestión forestal, cadea de custodia e servizos dos ecosistemas: implantamos sistemas de certificación, realizamos auditorías internas, damos soporte técnico y administrativo nas auditorías externas e asistencia técnica na mellora e mantemento dos sistemas de xestión e dos certificados.
Somos expertos na certificación forestal de xestión forestal en montes veciñais en mán común, propiedades públicas ou privadas.
Damos asistencia técnica a empresas que importan, fabrican e/ou comercializan productos forestais (madeira, papel, cartón, fibra vexetal, resina, froitos como castañas, landras, noces, mel, cogumelos comestibles e outros produtos de base biolóxica).
Temos experiencia práctica na Certificación forestal FSC de Servizos do ecosistema (Auga, Biodiversidade, Carbono, Solo e recreo) e podemos garantir resultados positivos en auditorías externas.
Cumprimento legal
Contamos con experiencia acreditada na implantación de sistemas que garanten o cumprimento do Regulamente Europeo da madeira (EUTR), Regulamente Europeo contra a deforestación e degradación forestal (EUDR), así como a lexislación autonómica de Galicia en materia de aproveitamentos e incendios forestais. Colaboramos con profesionais de recoñecido prestixio en materia de cumprimento doutra lexislación ambiental, agrícola, gandeira e de restauración da natureza.
servizos técnicos adicionais
Ofrecemos unha ampla gama de servizos técnicos adicionais, que inclúen Estudos ambientais con software profesional medicións e levantamentos topográficos, actualizacións do catastro, proxectos de xardinería, paisajismo e restauración ambiental, informes periciais y outros servizos de enxeñerría e consultoría relacionados.
Formación a medida
sobre sistemas de certificación forestal, silvicultura, xestión e ordenación forestal, EUTR/EUDR e outras temáticas agroforestais.